19/10/08

CREA UN BLOG




Crea un blog para traballar no OBRADOIRO DE INICIATIVAS EMPRENDEDORAS na páxina www.blogger.com . Para iso necesitas ter ou crear unha conta de correo de Google (gmail). Se a creas agora, apunta nun papel esa dirección e o contrasinal que elixiches.
Despois terás que escoller a “plantilla“ (ou deseño) do teu blog, poñerlle un nome, etc.
Neste blog irás publicando noticias relacionadas coa materia, e o profesor e outros compañeiros poderán visitalo. Polos contidos do blog obterás unha nota que vai supoñer unha parte da nota da avaliación.

ACTIVIDADE 1



Entra na páxina http://crearmiempresa.es/ideas-de-negocio e busca diferentes ideas empresariais. Escolle dous delas que creas poidan ser levadas á práctica e ao mesmo tempo obter beneficios e xustifícao (explica porque cres que son unha boa idea).

Publica un "post" no teu blog con toda esa información.



Podes buscar tamén ideas de negocio na páxina da revista Emprendedores http://www.emprendedores.es/ideas-de-negocio e selecciona a idea que te pareza máis interesante

ACTIVIDADE 2

Nos seguintes enlaces podes atopar consellos para emprender, selecciona os tres que consideres mellores de cada un, xustificando o motivo da túa elección:

Ademais na páxina http://www.emprendedores.es/crear-una-empresa/emprender podes ver 50 consellos para emprendedores. Escolle outros 3 que penses poidan ser útiles para unha pequena empresa e xustifícao.
Fai un post no teu blog con esa información.

18/10/08

ACTIVIDADE 3


Vas traballar con Google Maps e coas páxinas amarelas para buscar un determinado tipo de negocio nunha zona determinada.
Podes descargar a actividade nº 3 no seguinte enlace

17/10/08

ACTIVIDADE 4


Agora aprenderás o que é unha franquía (en castelán "franquicia") e traballarás con páxinas especializadas neste tipo de negocio.

Para descargar a actividade pincha no seguinte enlace

16/10/08

ACTIVIDADE 5


Hai algúns negocios que os expertos entenden poden ser unha boa oportunidade de negocio, debido a que hai moita demanda dese ben ou servizo que ofrecen e non hai moitos negocios que actualmente a satisfagan.

É un informe feito hai varios meses e polo tanto pode haber algún tipo de negocio que xa non sea unha boa oportunidade como é o caso das actividades de construcción. Pero a maior parte deles segue sendo unha boa alternativa.

Entra no seguinte enlace: http://guias.bicgalicia.es/v2/nuevo/asp/individual/home.asp
e despois nas 180 oportunidades de negocio.

Entra nun dos sectores que alí figuran e despois escolle a actividade que che pareza máis atractiva.

Fai un post coas características máis destacables dese negocio, e as vantaxes e desvantaxes que veñan no texto ou que se che ocorran. Tamén o investimento necesario, instalacións e persoal necesario, etc. De paso indica o lugar onde montarías ese negocio: localidade e rúa, xustificando o porqué. Titula ese post como ACTIVIDADE 5.1.

Escolle outro negocio doutro sector diferente e fai o mesmo de antes, elabora con el un post co título ACTIVIDADE 5.2.

11/10/08

ACTIVIDADE 6


Esta actividade é parecida á anterior, pero máis en serio e centrada na comarca de Ferrolterra. E é que nas guías elaboradas por BICGALICIA figuran ideas de negocio que poden ser interesantes nunha zona determinada despois de observar que existe unha alta demanda de ese produto e, porém, non suficiente oferta para satisfacela.

Entra na mesma páxina de antes, pero agora escolle as 80 oportunidades de negocio en entornos locais. Despois escolle a comarca de Ferrolterra e aprecerán varias oportunidades de negocio.

Escolle unha delas e fai o traballo que figura no seguinte ENLACE

Tempo estimado de realización: 2 horas

10/10/08

ACTIVIDADE 7


Fai este exercicio nunha folla de papel, para que poida ser correxido na clase.

Utilizando internet, realiza unha comparativa de prezos en diferentes tendas, indicando:

  • o prezo máis barato e a tenda na que se pode encontrar,

  • o prezo máis alto e a tenda correspondente.

  • porcentaxe de diferenza entre eses dous prezos, aplicando a fórmula:

(prezo máis alto - prezo máis baixo) / prezo máis baixo X 100


Todo iso para os seguintes artículos novos:

  1. Mando remoto de control para la nintendo Wii
  2. Xogo para a XBox-360 "Guitar Hero Aerosmith"
  3. Cámara dixital Nikon "Coolpix S560"
  4. Reproductor MP4 Creative "Zen Mosaic" de 4 GB
  5. Cd "Retales de Carnaval" de Nena Daconte

Ten en conta que se fas un pedido por internet terás que pagar gastos de envío, así que deberás incluílos no prezo.

Suxestións: podes utilizar un buscador e poñer o nome do produto, utilizar páxinas que fan comparativas (por exemplo http://www.ciao.es/ ) , ou buscar en tendas coñecidas, como son:

http://www.fnac.es/

http://www.elcorteingles.es/

http://www.carrefour.es/

http://www.pccity.es/

http://www.asha-es.com/

http://www.funprice.es/

http://www.pixmania.com/

http://www.redcoon.es/

http://www.optize.es/

9/10/08

ACTIVIDADE 8


Entra no mesmo ENLACE das oportunidades de negocio na comarca de Ferrolterra, entra no documento relativo ao negocio do CATERING e fai a ACTIVIDADE 8

8/10/08

ACTIVIDADE 9


Elabora nunha folla de Excel unha plantilla que poidas utilizar no teu negocio para que quede constancia dos pedidos dos teus clientes.
Ao estar feita en Excel debes poñerlle fórmulas que permitan facer os cálculos automaticamente.

No seguinte enlace tes unha plantilla que pode servirte de exemplo:
MODELO DE PEDIDO

7/10/08

ACTIVIDADES 10 e 11

Fai o mesmo da actividade 9 pero agora co modelo de ORZAMENTO (en castelán "presupuesto") e o modelo de ALBARÁN.

Podes guiarte polos seguintes exemplos:
ORZAMENTO
ALBARÁN

Unha vez rematados os 3 modelos cúbreos con uns datos inventados (4 artículos cos seus respectivos prezos) e comproba que funcionan perfectamente.
Abre unha conta en box.net ( http://www.box.net/ ) e sube estes documentos. Despois pon un enlace a eles dende o teu blog.

6/10/08

ACTIVIDADE 12


Utilizando os modelos que creaches nas actividades 9, 10 e 11, pero cambiando o nome da empresa, fai as prácticas que atoparás no seguinte documento.

Cada vez que remates unha delas terás que mela ensinar (non pases á seguinte sen terme ensinado a anterior).

5/10/08

ACTIVIDADE 13


A Consellería de Traballo ofrece axudas para as persoas que desexan montar un negocio como autónomos, e tamén para as contratacións de traballadores en determinadas circunstancias.

Nesta actividade faremos un pequeno resumo das axudas para establecerse como autónomos en Galiza, indicando:


  1. Requisitos para poder acceder á axuda.

  2. Axuda económica a recibir.

Lembra non se trata de CORTA-PEGA, resume o máximo posible o contido sen perder información importante (terás maior nota canto mellor resumido estea). FAINO EN CASTELÁN e cólgao no teu blog.

4/10/08

ACTIVIDADE 14


A continuación tes varias oportunidades de negocio (negocios que poden ser unha boa idea) que aparecen na revista Emprendedores, escolle o que máis lle guste e colga no teu blog un post resumindo esa idea e dando unha razón de por qué cres que pode ter éxito.

Ou mellor aínda, pode que vendo esas ideas se che ocorra a ti unha idea orixinal.
Algunhas oportunidades de negocio que poden ser interesantes:
NEGOCIO 1
NEGOCIO 2
NEGOCIO 3
NEGOCIO 4
NEGOCIO 5

3/10/08

ACTIVIDADE 15

De novo outro exercicio igual que o anterior, pero con 3 oportunidades de negocio diferentes. Escolle a que máis lle guste e colga no teu blog un post resumindo esa idea e dando unha razón de por qué cres que pode ter éxito.
Algunhas oportunidades de negocio que poden ser interesantes:
NEGOCIO 6
NEGOCIO 7
NEGOCIO 8

3/9/08

¿Que consumes?

A ver se es quen de adiviñar as marcas que se anuncian antes de que apareza o nome ou o logo completo

2/9/08

Proba de novo

Observa tamén os trucos que teñen os centros comerciais para que a xente compre.
Fai unha lista con eses trucos e publícaos no teu blog.

www.Tu.tv

1/9/08

Que hai de certo no que vemos?

Actividade 16


Esta actividade é para colgar no voso blog.

Analiza os anuncios que aparecen ao final, indicando en cada un deles as seguintes cuestións:
O PRODUTO
1. ¿Que tipo de ben ou servizo anuncian? ou ¿para que serve iso que están a anunciar?
2. ¿Que características ten de especial este produto ou esta marca?.
3. Polo que ti sabes dese produto ¿pensas que o que se di no anuncio é certo ou cres que hai outras marcas mellores nese aspecto?
4. Completa a frase: " Se usas este produto podes ser máis / podes conseguir ............................................"
5. Poderías dicir algunha característica negativa dese produto (algo que non apareza reflictido no anuncio)
O CONSUMIDOR
6. ¿A que público está dirixido o produto (nenos pequenos, mozos, adultos de entre 20 e 30 anos, adultos entre 30 e 40, .........., vellos?
7. ¿Está pensado para algún sexo en particular?. ¿Para cal?
8. ¿Normalmente, quen cres que fai a compra dese produto dentro dunha familia: o pai, a nai, os avós, os fillos, calquera deles, ...?
9. ¿Sínteste identificado con ese produto?. ¿Por que?
CRÍTICA
10. Valora de 0 a 10 os seguintes aspectos do anuncio:
É atractivo
É claro
É veraz (o que anuncian axústase á realidade)
11. Por último, indica se consumides na vosa casa ese tipo de producto, dicindo a marca ou marcas que comprades e a razón pola que elixides esa marca.